Blogia
MUSIC BOX

A DANZA DOS ESPÍRITUS FANTÁSTICOS

A DANZA DOS ESPÍRITUS FANTÁSTICOS de Giovanni Batiste Draghi

 

Para falar dos espíritus desta danza teríamos que remontarnos ao século XVII. Unha das obras máis famosas do autor de Hamlet, Romeo e Julieta, Otelo, O soño dunha noite de verán,... (é dicir, de Shakespeare) é A Tempestad. Esta é unha obra de teatro sobre e baixo a auga: aparecen todos os duendes aéreos e mariños, fadas acuáticas, sereas, tritóns, deuses oceánicos, monstruos e alimañas mitológicas que vos podades imaginar. Pois be, a mediados do século do que falamos, un par de dramaturgos ingleses fixeron unha adaptación da exitosa obra de teatro para darlle forma musical. para elo encargaron as músicas necesarias (as cancións, pezas para o coro, danzas, introducións e intermedios da orquestra) a diversos compositores. O éxito que obtiveron con esta obra foi tan grande que estivo en cartel décadas enteiras... pero disto xa pasou tanto tempo que fai pouco tívose que investigar como era aquela adaptación e que músicas se utilizaban para volver a representalas. Grazas a esa investigación poidose editar o disco titulado “A illa encantada ou A tempestad”, con músicas variadas; de entre elas, algunhas das máis hermosas danzas foron compostas por Giovanni Battista Draghi, un músico italiano que viviu por entonces en Inglaterra e que agora non é moi coñecido, cousa que demostra que a música boa non só a fan os compositores famosos.

De aí que seleccionara esta Danza dos espíritus fantásticos pola extrovertida alegría do seu ritmo rabioso e pola graza do latigazo do seus trinos.

Información recollida no folleto do disco “Más clásicos divertidos”

0 comentarios