Blogia
MUSIC BOX

CAMILLE SAINT-SAËNS

(París, 9 de octubro de 1835 — † Argel, 16 de drcembro de 1921) fui un director e compositor francés de música académica. Músico moi dotado —foi un virtuoso pianista e tamén un excelente improvisador ao órgano—, espíritu curioso por todo, escritor, caricaturista, gran viaxeiro, Saint-Saëns desempeou un papel excepcional na renovación da música francesa, tanto polas súas ensinanzas —tivo como alumnos, entre outros, a Fauré e Messager—, como, sobre todo, pola súa actividade en favor da música nova —foi un dos fundadores da «Société Nationale de Musique», destinada a tocar e difundir a música francesa—. Pode considerárselle como un eslavón esencial da renovación que conduxo a Debussy e a Ravel.

Camille interesouse na tradición da danza macabra: tomando como base un poema referente a ela de Henri Cazalis (1840-1909), escribiu unha canción para voz e piano. Un par de anos máis tarde, basado no mesmo texto, compuxo un poema sinfónico co título “Danza macabra” Op. 40. un poema sinfónico é unha peza de música orquestral basada nun “programa”, é dicir, nun escrito que se da ao público antes de escoitar a obra.

A primeira vez que se tocou esta obra, en 1875, non tivo moito éxito. O público escandalizouse polos efectos sonoros da obra, pois resultaban demasiados novedosos para a época. Conta a historia que o estrépito que fixo o público de Paris tras a presentación fixo que a nai do compositor se esvaecera.

Na actualidade, xunto ao Carnaval dos animais, a Danza macabra é unha das obras máis populares de Saint-Saëns. É interesante saber que estas dúas pezas teñen música en común: na sección chamada “Fósiles” do Carnaval, o compositor utiliza unha melosía case idéntica a unha parte da Danza macabra e en ambos casos utiliza o xilófono para representar o son dos ósos.

0 comentarios