Blogia
MUSIC BOX

Actividades

NOVA MINIQUEST

"Si me hallaras vacío" é un miniquest que propón actividades para traballar en grupo conceptos relacionados co canto coral.

Podes visitalo premendo no nome

ACTIVIDADE GRUPO D

Tendes que investigar sobre os seguintes termos:

Coro-coral

Voces mixtas

SATB

Soprano

Alto

Tenor

Baixo

Polifonía

Respiración

Impostación

Expresión

Negra Sombra

Xa podes visitar o miniquest do poema máis emblemático da nosa lingua “Negra Sombra”

Nel poderás atopar información sobre Rosalía de Castro, Xoán Montes, o Día das Letras Galegas,...

"Negra Sombra"

CUESTIONARIO SOBRE "NEGRA SOMBRA"

1. Cal é o nome completo da escritora da letra?

2. Cando e onde naceu?

3. Escribe o nome do compositor da música.

4. Cando e onde se estreou a peza?

5. Cando se celebra o "Día das Letras Galegas" e por que?

MINIQUEST SOBRE ERIK SATIE

MINIQUEST SOBRE ERIK SATIE

Xa está listo o miniquest de Erik Satie, podes visitalo premendo no nome do compositor francés.

CUESTIONARIO SOBRE ERIK SATIE

CUESTIONARIO SOBRE ERIK SATIE

Contesta en forma de comentario:

1. Onde e cando naceu Erik Satie?

2. Como é o seu verdadeiro nome, completo?

3. Cal foi o primeiro conservatorio no que estudou?

4. Que nacionalidade ten Satie?

5. Escribe o nome de 5 pezas deste compositor?

6. Escribe o nome de 4 compositores cos que tivo relación.

7. Cal é o instrumento ao que máis obras adicou?

8. Onde en cando morreu?

9. Que significa "fonometógrafo"?

MINIQUEST SOBRE BACH

MINIQUEST SOBRE BACH

Xa podes visitar o miniquest sobre Bach.

Podes atopalo nesta dirección

http://phpwebquest.org/wq25/miniquest/soporte_derecha_m.php?id_actividad=82942&id_pagina=1

ou premendo no nome do compositor.

 

O "PAI" DO PIANO

Sabes quen foi o primeiro constructor de pianos en 1695?

Pois, aquí tes unha pista: as letras do seu apelido desordeadas.

 C I T O F R O R S I

Seguro que eres capaz de ordealas...

Engade a túa resposta en forma de comentario

 

ANTECEDENTES DO PIANO

Estes instrumentos forman parte da historia do piano.

Están desordeados, debes ordealos cronolóxicamente; dende o máis antigo ata o máis cercano ao piano.

  • SALTERIO
  • DULCIMER
  • CÍTARA
  • MONOCORDIO
  • HARPISCORDIO
  • CLAVICORDIO

Engade a túa resposta en forma de comentario

CUESTIONARIO SOBRE BACH

1. Onde e cando naceu Bach?

2. Que profesión tiña o seu pai?

3. En outubro de 1705 viaxa a Lübeck para oir e estudar con que grande organista?

4. En que ano casou por primeira vez e con quen?

5. En 1717 comeza a traballar ao servicio de que príncipe?

6. En 1720 morre a súa muller e ao ano seguinte casa con Ana Magdalena Wülken, cantos fillos ten con ela?

7. Escribe o nome dos fillos músicos de Bach.

8. Que cargo ocupa a partir de 1723 en Leipzig?

9. Escribe o nome de tres obras de Bach

10. Cando e por que morreu Bach?

MINIQUEST SOBRE BEETHOVEN

MINIQUEST SOBRE BEETHOVEN

Xa está editado o miniquest sobre Beethoven.

Leva por título "Claro de lúa" como o nome da súa sonata nº 14 opus 27.

Podes aceder a el premendo no nome.

CUESTIONARIO SOBRE BEETHOVEN

CUESTIONARIO SOBRE BEETHOVEN


1. Cando e onde naceu Beethoven?

2. En que ano coñeceu a Mozart?

3. Que enfermidade padecía Beethoven?

4. Como se chamaban os seus irmáns? (pista: preme no testamento)

5. Cantas obras compuxo na súa segunda época?

6. En que ano compuxo a súa 4ª sinfonía?

7. A quen se pensaba que estaba adicada?

8. Que nome recibe a 6ª sinfonía

9. Cales son as dúas obras máis importantes da última época da súa vida?

10. Onde está enterrado Beethoven?

MINIQUEST SOBRE MOZART

MINIQUEST SOBRE MOZART

Xa está listo o meu primeiro miniquest.

Trátase dun recurso informático onde as actividades van guiadas por enlaces e distinta información dispoñible en Internet.

Títulase "KV 545" como o número de rexistro da sonata en do maior composta por W. A. Mozart.

Podes visitala premendo no nome

Partitura

Audición

 

SEGUNDO MOVEMENTO DE KV 545

Parece que viu o vento e cambiou de sitio as partes do esquema da obra.

Podes axudar a colocalo correctamente?

B    A     D      B      E      A      B     C     CODA  

PEQUENO MOZART

PEQUENO MOZART

Fai moito, moito tempo,

en mil setecentos cincuenta e seis,

naceu en Salzburgo

un meniño loiro,

ben feitiño e pequeniño

Os seus pais puxéronlle de nome Amadeus.

Cando Mozart tiña tres anos

xa sabía tocar moi ben o clavecin

e con cinco anos

xa compuxo a súa primeira obra

e aos seis aprendeu a tocar el só o violín.

PREGUNTAS SOBRE MOZART

PREGUNTAS SOBRE MOZART

1. En que ano naceu Mozart?

2. En que cidade naceu?

3. Que instrumento musical xa tocaba antes dos cinco anos?

4. Cantos anos tiña cando compuso a súa primeira sinfonía?

5. Cantos anos tiña cando morreu?

6. Segundo o rumor, que músico envenenou a Mozart? É certo?

7. Onde está enterrado Mozart?

8. Escribe o nome de 3 obras de Mozart

9. Que obra estaba escribindo cando morreu? (busca no apartado “El Mito del Genio”)

10. Escribe o nome de dous músicos citados no relato.