Blogia
MUSIC BOX

Curiosidades

OS LUTHIERS

Un luthier é unha persoa que constrúe ou repara instrumentos de corda fretada e pulsada. Isto inclúe a violíns, violas, violonchelos, contrabaixos e violas da gamba e todo tipo de guitarras, laúdes, arquilaúdes, tiorbas e mandolinas.

A palabra francesa luthérie, utilizada en varios idiomas, fai referencia á arte de construir instrumentos de corda.

En grande parte do mundo hispano tradúcese como laudero ou lucero, que provén da palabra laúde.

O seu significado foi ampliado a quen constrúe calquer tipo de instrumento.

"A AMADA INMORTAL" DE BEETHOVEN

"A AMADA INMORTAL" DE BEETHOVEN  

A vida de Beethoven non só foi intensa a nivel musical senon tamén en relación a temas amorosos. A lista de amantes é inmensa descoñecéndose moitas delas e moitos detalles sobre as relacións mantidas. Nunca casou, non se sentía capaz, era consciente de que tiña que facer moitas cousas que non lle permitirían total adicación como esposo.

Numerosos e variados son os relatos sobre a súa vida e todos difieren en pequenos aspectos sobre nomes, datas, fillos segredos, amantes,... o caso é que así, mantendo o misterio, fai que a súa vida sexa moito máis interesante.

Un feito real é o do achádego despois da súa morte de tres cartas de amor escritas nun mesmo día a unha muller á que o compositor se dirixe como “A miña amada inmortal”

Este feito da orixe ao argumento de varias películas adicadas á súa biografía.

Non se sabe con seguridade a quen están realmente adicadas estas cartas; chegouse a pensar na súa cuñada, en Josephine de Brunswick ou a irmá desta; pero moitos indicios apuntan na dirección de que a súa amada for Giulietta Guicciardi, alumna súa de piano e condesa moito máis nova que el á que lle adicou a súa sonata “Claro de luna”.