Blogia
MUSIC BOX

EDVARD GRIEG

Compositor noruego que naceu e faleceu en Bergen, onde o seu pai foi cónsul inglés. A súa nai, pianista excelente, foi a súa primeira mestra de música. Por recomendación do violinista Ole Bull, foi enviado ao Conservatorio de Leipzig en 1858, onde estudou contrapunto, composición e piano. Ao rematar os seus estudos, presentouse como pianista e compositor na súa cidade natal e ao ano seguinte marchou a Copenhague para un breve periodo de estudos co compositor danés Gade. Todos os seus mestres aparecían dominados polas ideas de Mendelssohn, e Grieg empezaba a repudialo.

A súa íntima amizade co seu compatriota Nordraak foi a que lle revelou a súa “propia naturaza” o seu profundo amor pola música popular. Así xurdiu o forte desexo de fundar unha escola de música noruega, libre da mestura do escandinavismo Gade-Mendelssonh. Con tal fin os dous xóvenes músicso traballaron xuntos ata o prematuro falecemento de Nordraak en 1866. Despois Grieg continuo so na brecha ata fundar en Copenhague a sociedade de conciertos Euterpe, destinada a presentar obras de xóvenes compositores. Máis tarde formou en Cristianía a Unión Musical, que dirixiu ata 1880.

A apreciación dos seus esforzos por parte dos seus compatriotas e o recoñecemento en forma de honras comezaron a manifestarse: en 1872 foi nomeado membro da Real Academia de Música de Suecia; en 1873 foi condecorado coa orde de Olaf e ao ano seguinte favorecido cunha renta anual de 1600 coroas concedidas polo Parlamento noruego, suficiente para que poidera adicarse á composición sen preocupacións económicas.

O recoñecemento do extranxeiro tardaría máis en chegar. Dous invernos pasados en Roma (1865-70) puxéronlle en contacto con Liszt; pero ata 1879, coa súa propia execución do seu excelente Concierto para piano en Leipzig, non comenzaría a estenderse a súa fama. Despois apareceu frecuentemente como director das súas propias obras e dixo frecuentes visitas a Inglaterra, donde gozou de gran popularidade. A Universidad de Cambridge otorgoulle o grao de doutor en música en 1894. Finalmente, en 1885 estableceuse definitivamente cerca da súa nativa Bergen, onde, con excepción de cortas xiras de concertos, viviu e traballou con tranquilidade ata a súa morte.

 

http://www.biografiasyvidas.com/biografia/g/grieg.htm

0 comentarios