Blogia

MUSIC BOX

CUESTIONARIO SOBRE BEETHOVEN

CUESTIONARIO SOBRE BEETHOVEN


1. Cando e onde naceu Beethoven?

2. En que ano coñeceu a Mozart?

3. Que enfermidade padecía Beethoven?

4. Como se chamaban os seus irmáns? (pista: preme no testamento)

5. Cantas obras compuxo na súa segunda época?

6. En que ano compuxo a súa 4ª sinfonía?

7. A quen se pensaba que estaba adicada?

8. Que nome recibe a 6ª sinfonía

9. Cales son as dúas obras máis importantes da última época da súa vida?

10. Onde está enterrado Beethoven?

"A AMADA INMORTAL" DE BEETHOVEN

"A AMADA INMORTAL" DE BEETHOVEN

 

A vida de Beethoven non só foi intensa a nivel musical senon tamén en relación a temas amorosos. A lista de amantes é inmensa descoñecéndose moitas delas e moitos detalles sobre as relacións mantidas. Nunca casou, non se sentía capaz, era consciente de que tiña que facer moitas cousas que non lle permitirían total adicación como esposo.

Numerosos e variados son os relatos sobre a súa vida e todos difieren en pequenos aspectos sobre nomes, datas, fillos segredos, amantes,... o caso é que así, mantendo o misterio, fai que a súa vida sexa moito máis interesante.

Un feito real é o do achádego despois da súa morte de tres cartas de amor escritas nun mesmo día a unha muller á que o compositor se dirixe como “A miña amada inmortal”

Este feito da orixe ao argumento de varias películas adicadas á súa biografía.

Non se sabe con seguridade a quen están realmente adicadas estas cartas; chegouse a pensar na súa cuñada, en Josephine de Brunswick ou a irmá desta; pero moitos indicios apuntan na dirección de que a súa amada for Giulietta Guicciardi, alumna súa de piano e condesa moito máis nova que el á que lle adicou a súa sonata “Claro de luna”.

MINIQUEST SOBRE MOZART

MINIQUEST SOBRE MOZART

Xa está listo o meu primeiro miniquest.

Trátase dun recurso informático onde as actividades van guiadas por enlaces e distinta información dispoñible en Internet.

Títulase "KV 545" como o número de rexistro da sonata en do maior composta por W. A. Mozart.

Podes visitala premendo no nome

Partitura

Audición

 

SEGUNDO MOVEMENTO DE KV 545

Parece que viu o vento e cambiou de sitio as partes do esquema da obra.

Podes axudar a colocalo correctamente?

B    A     D      B      E      A      B     C     CODA  

PEQUENO MOZART

PEQUENO MOZART

Fai moito, moito tempo,

en mil setecentos cincuenta e seis,

naceu en Salzburgo

un meniño loiro,

ben feitiño e pequeniño

Os seus pais puxéronlle de nome Amadeus.

Cando Mozart tiña tres anos

xa sabía tocar moi ben o clavecin

e con cinco anos

xa compuxo a súa primeira obra

e aos seis aprendeu a tocar el só o violín.

PEQUENO GLOSARIO

Cantanta: composición poética escrita para que ser cantada acompañada de música

Estudo: pequena peza musical destinada á mellora de determinados aspectos da técnica do instrumentista.

Fantasía: composición de forma libre ou formada sobre motivos dunha ópera

Fuga: tipo de composición para dúas ou más voces onde cada unha de elas aparece en distinto momento creando un entretecido contrapuntístico coas demáis.

Minueto: composición en compás ternario e movemento moderado se intercala entre os tempos dunha sonata, cuarteto ou sinfonía

Motete: breve composición musical para cantar nas igrexas formada sobre a palabra das Escrituras.

Partita: nos séculos XVI e XVII foi o nome para unha peza dun instrumento solista. Bach utilizouna como sinónimo de colección de pezas ou de suite.

Rondó: peza no que o tema se repite varias veces cun esquema habitual ABACAD

Scherzo: término que significa “xogo”, é aplicado á música de carácter ledo e con aproximación á danza.

Sonata: peza que consta de tres ou catro movementos, escrita para un ou máis instrumentos. Utilizouse para describir pequenas obras de carácter instrumental opostas ás cantatas que incluían voces.

Suite: composición instrumental formada por varios movementos basados na mesma tonalidade.      

PREGUNTAS SOBRE MOZART

PREGUNTAS SOBRE MOZART

1. En que ano naceu Mozart?

2. En que cidade naceu?

3. Que instrumento musical xa tocaba antes dos cinco anos?

4. Cantos anos tiña cando compuso a súa primeira sinfonía?

5. Cantos anos tiña cando morreu?

6. Segundo o rumor, que músico envenenou a Mozart? É certo?

7. Onde está enterrado Mozart?

8. Escribe o nome de 3 obras de Mozart

9. Que obra estaba escribindo cando morreu? (busca no apartado “El Mito del Genio”)

10. Escribe o nome de dous músicos citados no relato.

CLARA WIECK

CLARA WIECK

Clara estudou música dende moi cedo, co seu pai, o mestre de piano e pedagogo musical Friedrich Wieck. Desarrollou unha brilante carreira de intérprete dende os trece anos ata o seu matrimonio con Robert Schumann, a unión inicialmente desautorizada polo seu pai, celebrada en 1840 por orde judicial. Despois continuou compoñendo e interpretando a pesar de ter e criar a sete fillos. Acompañou a o seu home en varias xiras incluso fora de Alemania. A súa valía como intérprete adquiriuna tocando as obras de Bach, Mozart, Beethoven e contemporáneos como o seu home ou Brahms.

Johannes Brahms coñeceu á parella en 1853, aos vinte anos, e estableceu con Clara unha amizade que perdurou toda a súa vida. Nese ano Clara tamén coñeceu ao violinista Joseph Joachim, quen a acompañaría con frecuencia nos seus concertos.

Robert Schumann morreu tres anos despois, e Clara acentuou a súa amizade con Brahms de quen acabaría sendo a principal conselleira e inspiradora. Sen embargo, nunca perdeu a pasión pola música de Robert, que seguiu representando o núcleo principal dos seus concertos.

En 1878 foi nomeada mestra de piano no Conservatorio Superior de Francfort, onde impartiu clases ata 1892, principalmente de técnica interpretativa. 

http://es.wikipedia.org/wiki/Clara_Schumann

FANNY MENDELSSOHN

FANNY MENDELSSOHN

Félix non foi o único músico da familia Mendelssohn. Tamén o foi a súa irmá Fanny, quen naceu “cos dedos para tocar fugas de Bach”, según a propia expresión da nai dos nenos. A boa situación económica da familia permitiulles recibir unha sólida cultura xeral. Tanto Félix como Fanny estudiaban dende as cinco da mañán ata as últimas horas da tarde. Este horario riguroso era unha tradición familiar dende a época do avó filósofo. O pai de Félix tamén foi esixente co seu fillo, ao cal, dende moi novo, como se fora o máis natural, lle fixo estudar e traballar nas súas obras con grande aplicación. Algúns entendidos atribuiron a esto feito que a súa saúde se desgastara rapidamente, como a de Mozart, e morrera á temprana idade de 28 anos.

A sociedade da época, de clara tendencia patrialcal, influiu moito na familia dos Mendelssohn Bartholdy: mentras a Félix se lle alentou, educou e apoiou na súa vocación musical; con Fanny, “por ser muller” non pasou así. O seu destino era ser unha boa esposa e ama da súa casa. En 1829 casou co pintor Hensel. Aínda así, Félix e Fanny, dada a férrea formación familiar, foron exemplo de amor fraternal, incluso ela era mellor pianista ca el e Félix sempre valorou as críticas que ela lle facía en todo sentido.

PRESENTACIÓN

PRESENTACIÓN

Este blog está realizado con información sobre músicos e músicas, obras, intérpretes, directores e directoras, historias e curiosidades.

É a miña caixiña musical onde gardo pequenas xoias que para min son tesouros.

Son mestra de Educación Musical na etapa de E.Primaria e utilizo esta información na miña práctica educativa.

Estás invitado/a a utilizar o que queiras, así como tamén a aportar as túas ideas.

Grazas por visitar a miña "music box"

CONTACTAR

Se queres poñerte en contacto comigo para ofrecer algunha información, aportar ideas ou suxerencias podes engadir un comentario ao artigo que prefiras ou escribirme a amaral@edu.xunta.es

Un saúdo e grazas pola visita